galego | castellano | english 
 
     
 
 
 
colecciones firmas prensa
pasarela pontus veteris ediciones anteriores patrocinadores
 
     
 

 
     
 
 
 

Organizada pola Cámara de Comercio de Pontevedra, a Pasarela Pontus Veteris é o único evento no ámbito da moda que se celebra en Galicia. Este acontecemento reúne dúas veces ao ano as propostas de firmas e deseñadores galegos transformando a cidade do Lérez no maior referente da Moda Galega.

Pontus Veteris naceu co fin de mostrar a altísima calidade e a pluralidade de estilos da moda creada en Galicia. Un escaparate en torno ao cal reunir a deseñadores, almacenistas, importadores, prensa especializada e público en xeral… conscientes da importancia estratéxica e o peso do sector téxtil na nosa economía, convencidos da excelencia do deseño e a confección galegos.

Desde a súa creación en 1997, o desfile foi incrementando a súa popularidade fóra de Galicia, e máis de 2000 persoas seguen en vivo o desenvolvemento da pasarela que é retransmitida en directo pola Televisión de Galicia incluíndoa tanto na programación autonómica como no seu canal internacional.

Tamén é habitual a presenza dunha modelo de renome como atractivo máis da Pasarela. Eva González, Juncal Rivero, Anne Igartiburu, María José Suárez, María Reyes, Estefanía Luyk, Vanessa Romero ou Inma Del Moral foron algunhas das modelos que se converteron en particulares embaixadoras da Moda Galega.

 

 
     
 
© 2008 Cámara de Comercio de Pontevedra