ARAUJO PIEL, S.A. é o reflexo de anos de experiencia no sector
peleteiro do seu fundador, Herminio Araujo Rodríguez, quen
dirixe e xestiona a empresa xunto con Celsa Araujo no proceso creativo.
O seu proxecto comezou hai 30 anos cun pequeno obradoiro en Ourense,
que co tempo desembocou nunha empresa que ocupa os primeiros postos
do seu sector en España. O seu lema fundamental é a
calidade e o servizo aos seus clientes.
Nese afán de chegar de maneira directa aos seus clientes,
desenvolveu un canal de distribución no que integran todos
os procesos da cadea de valor, fabricación-distribución-venda,
facendo posible unha atención esmerada e unha resposta áxil ás
necesidades do mercado, tanto da rede de tendas propias (10 estabelecementos
repartidos entre Galicia, León e Portugal) como da importante
carteira de comerciantes polo miúdo, distribuídos
por toda España e Portugal.
As bases do éxito da nosa empresa atópanse non só na
calidade das nosas materias primas e na innovación continua
dos nosos deseños, senón tamén na ampla gama
de servizos e solucións entorno ao mantemento e conservación
da pel, arranxos e transformacións, onde se da cabida a
calquera necesidade suxerida polos nosos clientes.
Cada temporada intentamos coñecer e que nos coñezan,
polo que a nosa participación en feiras tanto nacionais
como internacionais é unha prioridade ano tras ano. Esta
actividade de difusión compleméntase coa celebración
de diversos desfiles, dos cales ó máis relevante é Pontus
Veteris.
Herminio Araujo é presidente da asociación de peleteiros
galegos desde hai máis dunha década. Ademais, forma
parte da directiva de IBERPIEL, entidade que xestiona as actividades
do sector, sobre todo no relacionado con IFEMA, e da directiva
da organización española de empresas de peleterías
(OEEP).
|