galego | castellano | english 
 
     
 
 
 
colecciones firmas prensa
pasarela pontus veteris ediciones anteriores patrocinadores
 
     
 

 
     
 
 

En 1985 a deseñadora María Mariño creou Modatest S.A., empresa na que desde entón se centraliza todo o proceso de deseño, produción e distribución das coleccións María Mariño e African Blue.

Desde 1985 ata a actualidade o Grupo Modatest soubo desenvolverse nos máis competitivos e refinados mercados. Actualmente os seus 350 puntos de venda en toda España fan ver o grao de aceptación do público local, aceptación lograda grazas á creatividade e a unha estratexia de crecemento planificada.

A expansión no marco Internacional tamén é destacable. As nosas marcas introducíronse en diversos países tales como Portugal, Inglaterra, Bélxica, Italia, Grecia, Francia, Alemaña, Italia, Emiratos Árabes, Israel, Kuwait, México, Chile e Venezuela entre outros.

O desenvolvemento da súa actividade levoulle a montar unha fábrica nova tamén en Vigo, dotada coas máis modernas instalacións que ampliará a máis do dobre a súa capacidade produtiva coa que espera satisfacer aínda mellor as necesidades dos seus clientes.

 



MODATEST, S.A.


Colecciones: Maria Mariño, African Blue

Gandarón, 52- Apdo. 3089
36214 - Vigo (Pontevedra) - Galicia - España
Tel.: +34 986 266 010
Fax: +34 986 267 726


modatest@modatest.com

 

     
 
     
 
© 2008 Cámara de Comercio de Pontevedra

sitemap