galego | castellano | english 
 
     
 
 
 
colecciones firmas prensa
pasarela pontus veteris ediciones anteriores patrocinadores
 
     
 

 
     
 
 


Entre as varias e prestixiosas firmas da moda feita en Galicia, unha das máis representativas é, sen dúbida, Charoa, empresa radicada na Coruña, dedicada á confección de roupa para a muller. As súas coleccións atopámolas actualmente nas mellores tendas das principais cidades españolas e portuguesas.

A nosa deseñadora e directora, Charo Álvarez, estuda deseño en Barcelona e é alí onde comeza a súa traxectoria profesional no mundo da moda, colaborando no departamento de deseño da firma Fred Perry. Trasládase á Coruña, onde fixa a súa residencia e durante catro años traballa como deseñadora da firma galega Caramelo.

En 1987, Charo decide independizarse e poñer en marcha a súa propia empresa facéndose así directamente responsable das súas creacións. Paixón de vivir. Paixón de soñar. Paixón de sentir. Paixón de crear… Nace así Charoa, cunha decidida vontade: crear moda, unha moda destinada á muller, a esa muller que cada día gaña en presenza e influenza no mundo que lle toca vivir.

Convencida de que a moda é tamén a expresión dun modo de vivir e entender o mundo, Charoa centra os seus esforzos e a súa sensibilidade en dar unha resposta a esta muller que o mesmo atende a súa familia, exerce a súa profesión fóra do fogar ou asiste a un concerto.

Charoa propón un estilo elegante e á vez funcional, caracterizado por unha estudada patronaxe, unha impecable confección e un estilo discreto, pero orixinal e singularizador. A idea é “que a muller se sinta ben vestida, distinta pero non anulada pola prenda, ó contrario, esta está feita para realzar a súa personalidade”. Charoa non quere vestir á muller, senón que a muller se vista con Charoa. Este é o seu reto.

Crear moda é, sobre todo, dar forma aos nosos soños. Imaxinar e expresar a realidade dun modo novo e diferente.

A nivel nacional Charoa conta con oito boutiques coa súa firma e distribúese tamén noutros puntos do territorio nacional de primeiro orde. Dentro do noso plan estratéxico está o seguir creando imaxe de marca e a expansión da nosa rede propia de tendas.

A nivel internacional Charoa está presente nos mercados de Portugal, Rusia, México ou Venezuela, o obxectivo é seguir afianzando a súa propia posición nos mesmos e abrir novos mercados.

Os nosos produtos son deseñados, creados, cortados, confeccionados en Galicia e distribuídos dende as nosas instalacións en Cambre (A Coruña).



CHAROA


La Rocha, 18
15660 - Cambre (A Coruña) - Galicia - España
Tel.: +34 981 674 747
Fax: +34 981 675 271


charoa@charoa.com
www.charoa.com

     
 
     
 
© 2008 Cámara de Comercio de Pontevedra

sitemap