galego | castellano | english 
 
     
 
 
 
colecciones firmas prensa
pasarela pontus veteris ediciones anteriores patrocinadores
 
     
 

 
     
 
 

Referente da moda española dos últimos 15 anos, Florentino viste a un home sereno, elegante e moderno, con prendas selectas que conforman un estudado “descoido”. Contra a tiranía do vestir tradicional, combina chaquetas casual con tecidos innovadores, que conforman un “total look” moderno e de gran vestibilidade. Propón cores e texturas innovadoras con prendas funcionais adaptadas aos tempos e formas de vivir actuais, engadindo un toque de elegancia e modernidade.

Florentino Colección foi fundada no 1970 por Florentino Cacheda, fillo de xastre e estudante de deseño e moda en Barcelona. O desenvolvemento da carreira profesional de Florentino foi continuo. O seu espírito emprendedor levouno a ser considerado como un dos deseñadores españois máis respectados.

Actualmente, o Grupo FLORENTINO dispón das súas propias plantas de fabricación, equipadas coa última tecnoloxía. Cada planta está especializada nunha das nosas categorías de produto, o que nos permite controlar a produción final e ofrecer acabados de alta calidade.

O Grupo FLORENTINO emprega na actualidade, de forma directa e indirecta, a máis de 500 persoas en constante formación para acadar os obxectivos de calidade requiridos. O importante proceso de modernización iniciado en 1995 co desenvolvemento de novas fábricas permitiu á compañía aumentar a súa cifra de negocio no ámbito local e internacional.

A marca Florentino está presente nos seguintes países, con máis de 250 puntos de venta fóra de España: Francia, Grecia, Irlanda, Bahrein, Reino Unido, Portugal, Suíza, Emiratos Árabes, Austria.


FLORENTINO COLECCIÓN S.L.


Polígono Industrial Lalín 2000, Calle B, 30-34
36500 - Lalín (Pontevedra) - Galicia - España
Tel.: +34 986 787 050
Fax:+34 986 787 450

www.florentino.com

 

     
 
     
 
© 2008 Cámara de Comercio de Pontevedra