A Empresa
TOYPES nace en Lalín como Sociedade Mercantil
en 1983 (aínda que o seu proxecto empresarial xa fora
iniciado 5 anos antes), da man de Manuel Novo e Ramón
González, dous mozos emprendedores formados en firmas
téxtiles da comarca, e que apostan por facerse un oco
no mundo da moda feminina. 25 anos despois tanto Lalín
como TOYPES convertéronse en referentes no sector téxtil
e no mundo da Moda.
As nosas instalacións fabrís son na actualidade
un centro de produción de 8.500 m2. nas aforas da vila,
dotado das últimas tecnoloxías en procesos de fabricación.
Os recursos humanos, formados por cerca de 100 profesionais
de elevada cualificación e dilatada permanencia na Empresa,
posibilitaron, en combinación cos medios de produción
indicados, unha traxectoria ascendente nas cifras de negocio,
cun crecemento medio nos últimos anos do orde do 4%, e
unhas exportacións en torno ao 20% do volume total.
A Marca
A marca TOYPES identifícase cun produto
de prestixio que abarca toda a gama de prenda exterior feminina,
calzado e complementos, cuxos niveles de deseño e calidade
conseguiron situala entre as máis recoñecidas do
seu segmento. O produto estrutúrase en dúas Coleccións:
Primavera-Verán e Outono-Inverno, que foron presentadas
cada campaña na Pasarela Gaudí (Barcelona) e Pontus
Veteris (Pontevedra), ademais de participar nos Salóns
Nacionais e Internacionais de Moda máis emblemáticos,
como a Semana Internacional de la Moda (Madrid), Salón
Moda Barcelona (Barcelona), Moda UK (Reino Unido), Prêt-à-Porter
(París), Fashion Coterie (Nova York) e CPM (Moscova). |