galego | castellano | english 
 
     
 
 
 
colecciones firmas prensa
pasarela pontus veteris ediciones anteriores patrocinadores
 
     
 

 
     
 
 


GÉNEROS DE PUNTO MONTOTO, S. A., créase en 1956 sendo o seu fundador D. Fidel Montoto e Elida Rodríguez constituíndose no ano 1982 como Géneros de Punto Montoto S.A. Nese mesmo ano coa incorporación dos seus fillos, prodúcese unha gran transformación ata chegar ao que é hoxe en día o Grupo Montoto que conta nestes momentos co parque de maquinaria para xéneros de punto máis moderno e máis importante de España. A compañía vai xa pola terceira xeración aínda que segue sendo a segunda a que lidera o proxecto.

As instalacións ocupan unha superficie de 26.100 m2 onde se realizan todas as actividades fabrís. A aposta pola tecnoloxía lévanos a afianzarnos como o primeiro produtor español en prenda integral ou prenda completa, sen costuras. Este proceso permítenos eliminar a confección, pasando a prenda directamente da máquina ao repasado e empaquetado. O noso parque de maquinaria está orientado, nun elevado tanto por cento, a esta liña de produción. Nestas instalacións o grupo fabrica máis de 1.200.000 prendas ao ano.

O GRUPO MONTOTO deseña, fabrica, e comercializa as marcas: MONTOTO, MORGAT e BOXLEY ás que se acaba de incorporar a marca PRIVATA.

O Grupo a través das súas marcas está presente nos máis prestixiosos salóns internacionais como:

- Semana Internacional de la Moda (Madrid)
- Prêt-à-Porter (París)
- International Fashion Fair (Tokio)
- Exposición Moda España (México)
- Fashion Coterie (Nova York)
- C.P.D. (Dusseldorf)
- Barcelona Estilo (Barcelona)
- Createurs Espagnols (París)
- Salón Magic de Las Vegas
- Pure London (Londres)
- C.P.M. (Moscova)

GRUPO MONTOTO, distribúe os seus produtos en máis de 5.000 clientes multimarca nunha vintena de países así como en grandes almacéns: El Corte Inglés, Cortefiel, Liverpool (México), Palacio de Hierro (México), Ballantyne (Australia), Win On Store (Hong Kong), etc…

Exportación: Francia, Portugal, Italia, Inglaterra, Bélxica, Alemaña, Estonia, Bulgaria, Suíza, Chile, Venezuela, Santo Domingo, México, Israel, Xapón, China, Canadá, Emiratos Árabes, Siria, EE.UU., Australia.



GÉNEROS DE PUNTO MONTOTO, S. A.

Polígono Industrial Lalín 2000, Calle C
36500 - Lalín (Pontevedra) - Galicia - España
Tel.: +34 986 781 170
Fax: +34 986 783 329

montoto@montoto.com
www.montoto.com

Consejero Delegado: Manuel J. Montoto RodrÌguez

Showroom:

 

     
 
     
 
© 2008 Cámara de Comercio de Pontevedra