
O branco como cor atemporal e aposta segura.
Elegante, feminino e tremendamente “chic”, o branco é a cor máis
discreta e rechamante ao tempo. É esa linguaxe que parece
non dicir nada e di todo do vestiario da muller.
Mandarinas, beiges... Combinados ou en
solitario achegando tonalidades á luminosidade
da estación. Predominan os vestidos como peza de roupa
clave do verán. A miúdo sen manga baixo chaquetas
ou boleros. Sempre entallados marcando o talle. Sempre deixando
ao aire o xeonllo. Sempre estreitos no baixo.
Beiges, negros, cavas... Cores que se
mesturan xogando en combinacións
enormes ou en pequenos detalles. Chaquetas de manga ranglan de
inspiración oriental: estreitas de ombreiros pero amplas
de mangas. Liña en “a” para elas.
Por debaixo: vestidos moi elegantes de
talle lixeiramente alto. Longo sobre xeonllo. Saias estreitas
hiperfemininas. Combinación
de tecidos cor sobre cor. Materiais estruturados mesturados con
tules suaves e románticos. Lazadas sobresaíntes
e un peche de coctail. De casamento con chapeu, de cerimonia ao
ar libre. É o broche a unha colección onde impera
a elegancia da alta costura e onde a distinción é o
valor mais buscado.
AFRICAN BLUE
Non ás cores tristes e apagadas. Deixemos que impacte
a luz sobre as nosas cores flúor como os rosas chicle,
os verdes rechamantes, os amarelos... Momentos moi “náuticos” coas
raias mariñeiras como protagonistas en azuis e vermellos
engraece combinados co branco. É a época do verán
dos anos 20, dos clubs náuticos de antano. Impermeables
curtos, atrevidos, pantalóns largos e estreitos, altos
e baixos pero iso si: as saias sempre curtas ensinando xeonllo
e algo mais…
|
|