
SOBREDOSE DE COR
Con protagonismo masculino deseñamos americanas, chalecos
e pantalóns, que con impecables cortes moldean a silueta
feminina.
A pasarela contáxiase da arte urbana, experimentando nalgunhas
das súas pezas bordados gráficos, que cosideramos “lemas
de forma de vida”
Un estilo profesional e glamoroso, características ligadas
a esta colección.
Araujo ten presente nesta tempada a cor.
Unha ampla paleta desprégase
neste desfile, respectando a harmonía, azul, fucsia, morado,
amarela e lila.
A cor protagonista indiscutible, cativará o público.
Á moda en pel hai que perderlle o medo,
por iso combinamos ideas “aloucadas” pero prácticas.
AFRIKA
Exploramos siluetas desestruturadas que dan liberdade
e comodidade de movemento. As cores area e terra tinguen as nosas
creacións.
Acabados que imitan a pel de elefante, gravados en coco, xunto
co perante son os protagonistas.
Vestidos túnica, saharianas e pantalóns sarkel son
a proposta para esta colección. |
|