galego | castellano | english 
 
     
 
 
 
colecciones firmas prensa
pasarela pontus veteris ediciones anteriores patrocinadores
 
     
 

 
     
 
   

A ARTE DE SER TI MESMA

Na colección Primavera-Verán 2009 de CHAROA, o deseño dialoga coa arte da pintura e tamén da poesía.

Por un lado, o poema galego de García Lorca “Madrigal á Cibdá de Santiago” e, por outro, as pinturas do artista Alfonso Costa e da propia deseñadora, engaden a certos modelos un valor que só a sensibilidade pode medir.

O seu obxectivo: expresar o mellor de ti.

Se ti
Porque a personalidade é a achega que cada ser humano fai ao mundo, CHAROA busca a orixinalidade nas súas creacións, para que ti te sentas esplendorosamente ti: Sedas salvaxes, saténs, tafetas, chifones e tules modúlanse en cadencias suxestivas, sutís ou extremadas, e sempre moi femininas, para que poidas interpretar con pracer o teu propio corpo.

Tómache o bo gusto de elixir
Soñadora ou enigmática cando te vistes de azul turquesa, azul mariño ou azul noite.
Apaixonada e brillante cando apareces iluminada polos laranxas ou o rosa.
Irresistiblemente sedutora cando sorprendes acompañada do branco e o negro.

Distínguete con naturalidade
A elegancia é sempre a inspiración esencial de Charoa, unha calidade íntima que nos distingue e que nesta colección a deseñadora trata de expresar a través do movemento e as formas netamente marcadas.

O vestido e ti sodes, sen dúbida, protagonistas.

     
 
     
 
© 2008 Cámara de Comercio de Pontevedra

sitemap