
FONDO MARIÑO
Tema que lembra en formas e cores a beleza
das profundidades mariñas.
O mar ofrécenos unha infinidade de matices do azul, rei
indiscutible na paleta desta tendencia. Os tecidos inspirados na
auga son frescos e fluídos. Efectos drapeados, lixeiros
engurrados, puntos ondulados... lémbrannos o vaivén
das olas. A fauna e flora mariña xorden como o actor principal
duns estampados con vocación mariñeira e estival.
Raias inspiradas nos uniformes dos mariñeiros. Pezas retro
con toques náuticos.
Polos, blazers masculinos, sutís
cazadoras con cremalleira e carapucha son os protagonistas nun
tema sportwear con moito glamour.
UN XARDÍN BOTÁNICO
Unha tendencia que idealiza a natureza e intenta recuperar o seu
colorido e sutileza nun mundo cada vez máis pavimento de
asfalto. Un xardín botánico sérvenos de referencia,
entre delicadas flores ... conviven paxaros, bolboretas e brillantes
cabaliños do demo. Estampados liberty dignos de xardíns
ingleses, tecidos naturais con liño flameado, texturas rústicas
para pezas con detalles románticos, grandes calados debuxando
follas, t-shirts con exuberantes flores exóticas, pequenos
boleros con fíos irisados. Chaquetas e vestidos rectos esgazados
por tecidos creando capas ou formando pétalos. Cortes asimétricos,
alongados, para acadar siluetas lánguidas. Tons neutros
e naturais da cor da terra conviven cos distintos verdes das follas,
flores e froitas acedas deste bucólico xardín.
A VIDA EN ROSA
O chic masculino atópase co baby doll, o feminino máis
suxestivo. Roubamos pezas do armario masculino que transformamos,
mesturamos e renovamos ata conseguir delicados básicos femininos.
Pequenos chalecos con calados posicionados. Finos suéters
vaporosos con tecidos de lamé. Polos con efectos ópticos.
Canalés mesturados con pequenas flores. Estampados de flores
que parecen manchas, manchas estampadas que nos lembran peles de
animais ...
Cores: Toda a gama de gris ata o prata, mesturamos con branco
e negro. E, engadimos o rosa. Do fucsia mais flúor ao rosa
máis pálido, a cor máis controvertido entra
nas nosas vidas e, para quedarse unha longa tempada. Mesturado
con tons neutros suaviza e sofistica.
|
|