
PIN-UPS: EROTISMO E GLAMOUR:
A colección de Toypes para esta tempada, convídache
a coñecer o mundo das pin-ups, a unión do erotismo
e o glamour, unha nova e provocativa forma de entender a moda.
As pin ups eran modelos cuxas fotografías figuraban en calendarios,
portadas de revistas,… que se popularizaron nos EEUU nos
anos 40. Na actualidade son xeralmente modelos fotográficas,
actrices de cine e cantantes; para iso tomamos como referencia á actual
diva do burlesque Dita Von Teese.
Na pasarela a peza de roupa estrela serán os vestidos,
que presentamos en dúas medidas, os vestidos longos vólvense
elegantes e dignos das mulleres fatais que protagonizaban nos anos
40 as películas de Hollywood ou os minivestidos que darán
un toque inocente inspirado en “Lolita”.
Os pantalóns son amplos de talle alto ou moi axustados
tipo capri con volta, combinados con graciosos tops tipo “babydoll” ou
mínimas blusas anudadas á cintura.
A maior parte das pezas, tanto vestidos como conxuntos, van marcando
cintura grazas a cintos de todo tipo con rechamantes fibelas.
Para o cocktail, presentamos algodóns bordados ou estampados,
cadros vichy, piqués, sedas bordadas . Para as pezas de
festa, saténs de gran caída, fastosos encaixes, tafetas
e organzas.
A gama de cores representada divídese en dous partes principais:
o desfile ábrese cunha combinación moi favorecedora
e alegre, vermello - branco e negro. Para terminar cos brillos
de ouro e prata mesturados sempre con branco e negro.
Porcelana fusionadas coa elegancia dos
clásicos dandies.
Como unha caixa de música, a colección esperta toda
a inxenuidade dunhas pezas tan románticas como delicadas
que lembran o look dos gentlemans.
Presentamos xogos de volumes en mangas,
pescozos e saias que se axustan á cintura. Salientamos a profusión de detalles
con pregos, grandes abullonados, lazadas ao pescozo, plumas ,chorreras,
maxipuños e xogos de transparencias que achegan ambigüidade á peza
de roupa.
Enfocada no cocktail e
os traxes de noite, a colección preséntase
en dúas gamas de cor; o negro aparece como cor principal,
mesturado, primeiramente con engraeces e vermellos e con crus
e dourados na segunda parte. |
|