
REMINISCENCIAS DO PERÍODO DE ENTREGUERRAS
Traxes que combinan a pegada deixada pola
xastraría artesanal,
pero fuxindo do encorsetamento, para chegar ao aspecto elegantemente
relaxado. Cortes limpos que conxugan o bo vestir coa liberdade
de movemento, como necesidade dos novos modos de vida actuais.
Innovadores tecidos como o algodón-seda e a la-seda, de
tacto fresco e maino que nos achegan a grata sensación de
sentirse a gusto.
Nesta liña o punto e os polos con acabados de camisa dannos
a nota de fantasía con diferentes deseños de cadros
pequenos e milraias. Da man da camisaría chéganos
toda a paleta de pasteis, que nos convidan a degustar o verán:
morango, azul ceo, amarelo limón, aquamarinas, acabados
lavados,... Como cores protagonistas atoparemonos unha nova cor
champán, e as fieis á marca como a gama de azuis
e gris.
Unha colección para o home cunha sensibilidade
in péctore que procura as súas raíces a través
da moda pero tendo presente o toque de vangarda.
|