Estimados señores:
Como Presidente da Cámara de Comercio,
teño o pracer de comunicarlles a celebración da
XXII Edición da Pasarela Pontus Veteris, que terá lugar
o día 16 de setembro de 2008 no Recinto Feiral de Pontevedra.
Desde a Cámara somos conscientes de que o groso da industria
téxtil e en particular o sector da moda-confección,
o deseño é claramente galego; de feito, é o
que está experimentando o crecemento máis espectacular
na nosa Comunidade Autónoma.
Isto unido ao prestixio que posúen as firmas que participan
na pasarela á súa notable presenza noutros desfiles
tanto nacionais como internacionais, fan deste evento unha cita
ineludible para todos aqueles empresarios, deseñadores,
comerciantes, medios de comunicación e profesionais que
queiran coñecer as novidades do sector.
A XXI Edición da pasarela, suporá de novo un gran
espectáculo retransmitido pola TVG e que será seguido
en directo por case 2000 persoas o que suporá un gran
esforzo organizativo para a Institución que presido e
para todos aqueles profesionais que participan na organización
da mesma.
Desde a Cámara de Comercio de Pontevedra, quero invitarlles
a que nos acompañen o día 16 de setembro, acudindo
ao recinto feiral de Pontevedra ou seguindo o Certame por TVG.
Reciban un cordial saúdo
RICARDO MIRÓN GUTIÉRREZ
PRESIDENTE DA CÁMARA DE COMERCIO DE PONTEVEDRA |